Wednesday 08 de May de 2024

O pleno aproba cambiar o sistema de actuación no desenvolvemento do POL-4 Santa Ana, en Mera


O Concello vai abordar directamente o desenvolvemento urbanístico do denominado POL-4 Santa Ana, en Mera, para compensar no prezo xusto ás persoas propietarias afectadas. Cos votos favorables de Alternativa dos Veciños, BNG e Ciudadanos, e coa abstención do PSOE, o pleno municipal celebrado esta tarde acordou cambiar o sistema de actuación xa que o previsto inicialmente era moi gravoso para os propietarios dos terreos e do edificio.

“Na entrada de Mera hai un edificio que é horrible, que cando se fixo o Plan Xeral xa se prevía que había que tiralo. Pero tiralo compensando como corresponde aos seus propietarios. Indudablemente! Págandolles o que lles hai que pagar. E por suposto que iso vai ser así. E é máis, como posiblemente o Concello teña a posibilidade de ter vivendas no centro de Mera, poidamos ofrecerlles vivendas aí. Insisto, no centro de Mera. Nós nunca asoballamos a ninguén. Cando as persoas que teñen aí a súa vivenda teñan que irse terán unha boa remuneración ou unha vivenda nova no centro de Mera”, explicou o alcalde Ángel García Seoane.

Tamén foi aprobado un manifesto do Goberno municipal con motivo da celebración do Día Internacional das Mulleres o vindeiro 8 de marzo. O Concello de Oleiros avoga por continuar traballando e loitando en prol da igualdade e contra a violencia de xénero e outras violencias machistas a través de políticas municipais comprometidas con tal fin. É a nosa obriga traballar en prol dun cambio de paradigma: a igualdade e a xustiza social como eixo transversal.